M.I.A.

Mathangi "Maya" Arulpragasam (támil: மாதங்கி 'மாயா' அருள்பிரகாசம்), nada o 17 de xullo de 1975 en Londres, máis coñecida polo sobrenome artístico de M.I.A. (acrónimo de Missing in Action) é unha cantante, deseñadora artística e produtora musical británica de orixe támil de Sri Lanka. A súa música funde elementos do grime, hip hop, dancehall da música electrónica e o baile funk o que lle dá un son urbano, tribal e multicultural que se une a unhas letras nas cales mestura a política, o realismo social e o humor.


Developed by StudentB